miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O gordo repartiuse polas catro provincias galegas

O gordo repartiuse polas catro provincias galegas
EFE
O gordo repartiuse polas catro provincias galegas

A comarca de Santiago saiu das máis agraciadas de Galicia

Galicia levou un bo petisco do gordo de Nadal xa que o 03347, cantado ás 12:35 horas, vendeuse en 21 concellos galegos ademáis de en moitas localidades españolas. Aquí en Galicia, deixou 25.200.000 euros.

A comarca de Santiago saiu das máis agraciadas de Galicia xa que caeron máis de 13.000.000 de euros. No Concello de Teo chegaron 8.800.000 euros. E en Santiago, a Raxería San Marcos reparteu 3.200.000 de euros entre os seus clientes máis outros tres décimos vendidos en tres administracións da cidade. Tamén no Pino vendéronse dous décimos a útlima hora. 

Na provincia da Coruña este primeiro premio tocou ademáis en Fene, A Coruña, Outres, Cedeira e Baio. Na cidade herculina dous décimos foron vendidos nunha administración de Juan Flórez e outro máis na Favorita.

O gordo onte tamén pasou pola provincia de Lugo deixando alegría en catro concellos: Valadouro, Vilalba, Lugo e Monforte, un décimo en cada un dos concellos. 

Á cidade de Ourense chegou o gordo directo ao bar Cervantes que repartiu dous décimos. Trátase da primeira vez que cae o gordo na cidade. 

E queda a provincia de Pontevedra, tamén agraciada. Un décimo do gordo está en Pontevedra, outro en Vigo, outro máis en Bueu, outro no Porriño, un en Sanxenxo, un en Redondela, dous na Estrada e dous en Poio.

Comentarios
Lo más