miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O persoal sanitario do CHUS e do Barbanza vacinado fronte a gripe xa superou ao total do ano pasado a falla dunha semana para que remate a campaña

Arredor do 57% da poboación de 65 ou máis anos está xa vacinada

Unhas 60.000 persoas de 65 ou máis anos vacináronse xa contra a gripe dende que comezou a campaña o 22 de outubro nalgúns dos 76 puntos de vacinación de atención primaria da xerencia de xestión integrada compostelá. Con respecto á cobertura entre o persoal sanitario do CHUS e do Hospital da Barbanza xa se levan vacinados 1.965 traballadores/as nos centros do complexo hospitalario universitario de Santiago e 112 no Hospital da Barbanza, superando, a falla dunha semana para que remate a campaña, os datos do ano pasado.

A xerente da área compostelá, Eloína Núñez, acudiu ao servizo de Medicina Preventiva para recordar a importancia de que se vacine a poboación diana, persoas de 65 ou máis anos e as pertencentes a grupos de risco: embarazadas; persoas con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endrocrinas, persoas con cancro ou outras inmunodeficiencias, persoas con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva…Tamén persoas con posibilidade de transmisión a grupos de risco entre os que se atopa o persoal sanitario e traballadores esenciais para a comunidade.

Eloína Núñez tamén indicou que “calquera persoa ante calquera síntoma de gripe debe acudir ao centro de saúde, consultar ao seu médico de cabeceira ou ben chamar ao 061”.

A campaña remata o 28 de decembro.

Comentarios
Lo más