miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Policía Autonómica leva a cabo inspeccións en Santiago para velar polo cumprimento da Lei de Prevención de bebidas alcohólicas en menores

A Policía Autonómica leva a cabo inspeccións en Santiago para velar polo cumprimento da Lei de Prevención de bebidas alcohólicas en menores
Foto de arquivo
A Policía Autonómica leva a cabo inspeccións en Santiago para velar polo cumprimento da Lei de Prevención de bebidas alcohólicas en menores

Realízanse un total de 65 inspeccións, 39 identificacións e 6 denuncias por venda de alcohol a menores

Por parte dos Policías do Grupo de Menores da Policía Autonómica de Santiago, levouse acabo un control de consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade na localidade de Santiago de Compostela, con motivo de prever o consumo de alcohol por parte de menores de idade, así como a venda de alcohol por parte de establecementos susceptibles de incorrer en ilícitos da Lei 11/2010. Realízanse un total de 65 inspeccións, 39 identificacións e 6 denuncias por venda de alcohol a menores.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Comentarios
Lo más