miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O ciclo "As raíces na pedra" regresa no Nadal con cantos e danzas de Reis

O ciclo "As raíces na pedra" regresa no Nadal con cantos e danzas de Reis
O ciclo "As raíces na pedra" regresa no Nadal con cantos e danzas de Reis

Dará comezo hoxe ás 12:00 horas no Centro Cívico de Santa Marta

A concelleira de Acción Cultural lembrou que "As raíces na pedra" naceu co obxectivo de "difundir a nosa cultura tradicional dun xeito lúdico e aberto á participación da cidadanía". Dentro desa cultura tradicional, Branca Novoneyra explicou que "a tradición do Nadal en Galicia pasaba polos cantos de Reis, nos que grupos de nenas e nenos, pero tamén de persoas maiores, percorrían as casas interpretando cantigas e pedindo o aguinaldo". A concelleira incidiu en que "estes cantos son tamén parte do noso patrimonio inmaterial, que é preciso reivindicar, poñer en valor e contribuír a conservar".

O ciclo As raíces na pedra arrincará o hoxe ás 12:00 horas, no Centro Cívico de Santa Marta. Alí, o Grupo Brincadeira dirixirá un obradoiro para bailar en familia xogos e bailes da roda. O mesmo día, ás 19:00 horas, o Teatro Principal acollerá unha mostra de ranchos e danzas de Reis, co Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e coa Agrupación Cantigas e Agarimos.

Xa para o venres 28 de decembro está previsto un obradoiro de danzas de Reis co Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia na praza do Toural. Será ás 17:00 horas, e no caso de chuvia, a actuación adiarase para o 4 de xaneiro. O sábado 29 de decembro, haberá outra actuación conxunta no Teatro Principal, desta vez coa Colexiata de Sar e con Brincadeira.

O ciclo rematará o domingo 30 de decembro cun grande evento no que participarán as catro agrupacións de baile e música tradicional, que percorrerán a cidade cos cantos de Nadal. Cada formación fará un itinerario diferente, encontrándose na praza do Toural para facer a última cantada. Para que o público participe, entregaranse as letras dos cantos durante os percorridos. Haberá dúas quendas desta actividade: ás doce do mediodía e ás seis da tarde.

O ciclo As raíces na pedra empezou a súa andaina no verán de 2017, como un xeito novo de fomentar a colaboración entre as catro agrupacións máis emblemáticas de Santiago. Ao tempo, facilítase que as formacións teñan unha maior presenza na programación cultural de Compostela, que ata agora se vía máis limitada ás festas do Apóstolo e da Ascensión. 


Comentarios
Lo más