Unha vítima de violencia de xénero en Santiago non tuvo o apoio policial necesario por falta de efectivos
A noite do pasado domingo unha muller de Lavacolla chamou pidindo axuda porque a súa exparella presentouse na súa casa e petaba na porta con gran violencia
Por non ser capaz o Concello de cerrar o conflicto laboral que teñen dende fai meses, estase a sentir a falta de policías locales no corpo de Santiago de Compostela. A noite do pasado domingo unha muller de Lavacolla chamou pidindo axuda porque a súa exparella presentouse na súa casa e petaba na porta con gran violencia, segundo confirman testemuñas presenciais. Esa noite, solo cinco efectivos formaban o turno, cando o mínimo normal son once, cousa que impidiu dar o apoio necesario á vítima que marca o protocolo de actuación para casos de violencia de xénero.
Esa noite de domingo, só se atopaba unha patrulla de dous axentes rondando Compostela. Logo de recibir o aviso, puxeronse de camiño a Lavacolla rápidamente. A violencia que manifestaba o home fixo que fose necesario tamén a presenza como apoio do único axente de atestados que se atopaba no momento nas dependencias, feito polo que se quedaron desprovistas de tal servizo.
Finalmente o home foi arrestado e pasou a noite no calabozo. Pero en condicións normais, unha situación de violencia machista no que o home mostra unha actitude moi violenta, require da presencia de al menos dúas patrullas, e non só tres policías como foi o caso. Na comisaría local só quedaron dous axentes: un no control da porta e outro na centraliña. Durante o tempo da intervención, prolongándose ata pasada a unha da madrugada, o corpo de seguridade municipal quedou totalmente desprovisto de efectivos no caso de que houbera outra alerta.
Por outra parte, os axentes desplazados a Lavacolla non puderon trasladar e acompañar á muller a poñer a denuncia correspondiente na Policía Nacional xa que non estaban provistos do vehículo adecuado para o transporte da vítima. Polo que se viron obligados a invitala a que o fixera polos seus propios medios. Non esta confirmado que o fixese. E este servizo de apoio ás vítimas de violencia de xénero non é o único no que se está facendo notar a falta de axentes na rúa. Fai meses que casi non hai controis de alcolemia e drogas, e é casi inexistente a vixilancia das festas en pisos e da movida nocturna.