miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Plataforma Casalonga Limpa avisa de que en xaneiro a empresa Toysal pode presentar un novo plan

A Plataforma Casalonga Limpa avisa de que en xaneiro a empresa Toysal pode presentar un novo plan
A Plataforma Casalonga Limpa avisa de que en xaneiro a empresa Toysal pode presentar un novo plan

Minas requiriu a empresa a presentación dun plan de laboreo para o vindeiro mes de xaneiro e disporá dun prazo de tres meses para comezar coa actividade mineira

Varios membros da plataforma Casalonga Limpa foron recibidos o pasado mércores na subdirección xeral de minas para revisar o expediente do plan de restauración da canteira presentado pola empresa de residuos Toysal. Expediente imprescindible para a explotación mineira Casalonga 6996.

Unha cadea humana de 2 quilómetros de longo rodeou a canteira no mes de setembro en resposta a este plan de restauración presentado pola empresa dona dos terreos. O “macrovertedoiro camuflado” tivo en fronte unha oposición social contundente.

Finalmente a mobilización veciñal tivo os seus froitos e a plataforma puido constatar, tras acceder onte ao contido do expediente en minas, que este 15 de decembro foi arquivado en firme.

Tras denegar definitivamente o anterior plan, Minas requiriu a empresa a presentación dun plan de laboreo para o vindeiro mes de xaneiro e disporá dun prazo de tres meses para comezar coa actividade mineira. Se non entrega un novo plan de restauración ten a obriga de aplicar o feito por Camilo Carballal, antigo dono da canteira.

Así, lonxe de ter rematado para os habitantes de Teo, Padrón e Ames, o novo ano traeralles o obrigado plan de labores e, posiblemente, un novo plan de restauración co cal a empresa poida adicarse a súa verdadeira actividade: a xestión dos residuos, aproveitando o oco da canteira como vertedoiro.

Dende a plataforma chegan á conclusión de que o único xeito de rematar definitivamente co problema é modificar a lexislación estatal e autonómica que permite o emprego das canteiras como vertedoiros, así como unha maior protección do espazo do monte de Casalonga no PXOM de Teo.

Comentarios
Lo más