miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ordes comeza a súa programación de Nadal co inicio do Mercado Artesanal

Ordes comeza a súa programación de Nadal co inicio do Mercado Artesanal
Ordes comeza a súa programación de Nadal co inicio do Mercado Artesanal

Quen queira poderá visitalo de 11:00 a 21:00 horas ata o vindeiro luns, día 24. Este último día pecharase ás 14:00 horas

O Campo da Feira de Ordes xa acolle o Mercado Artesanal. Baixo unha gran carpa unha vintena de artesáns expoñen todo tipo de creacións coas que agasallar este Nadal. Quen queira poderá visitalo de 11:00 a 21:00 horas ata o vindeiro luns, día 24. Este último día pecharase ás 14:00 horas.

Para incentivar as ventas durante toda a fin de semana levaranse a cabo unha serie de iniciativas e promocións. Así, mañá venres o carteiro real atenderá a todos os nenos e nenas dende as 18:00 ata as 20:00 horas. 

O sábado haberá un sorteo entre a clientela dunha cesta composta por alimentos e bebidas galegas, mentres que o domingo farase o mesmo con produtos artesáns dos que están á venda. En ambos casos o sorteo celebrarase ás 20:00 horas.

Este mercado tamén acolle un lado solidario. No vindeiros día calquera persoa pode doar alimentos ou produtos de hixiene infantil e para persoas adultas. O que se acade entregarase ás familias máis necesitadas do municipio.

Comentarios
Lo más