Critican a contratación de cinco auxiliares de Policía Local que teñen un custe de 13.500 euros
A contratación dos auxiliares de Policía Local terán un custe de máis de 13.500 euros para o concello
O Partido Popular e Pacto por Ames levan advertindo dende hai máis de seis meses da situación "esperpéntica na que o máximo responsable da seguridade de Ames, o Alcalde socialista José Miñones, está sumindo ao concello"
Os partidos da dereita da oposición queren por en relieve o rexeitamento do diálogo por parte do concello coa Policía Local de Ames e a súa medida de contratar cinco auxiliares de Policía Local que están "a tempo completo na oficina e non saen á rúa".
A contratación dos auxiliares de Policía Local terán un custe de máis de 13.500 euros para o concello "e ata o de agora, non saíron a rúa nin un só día, limitándose a estar na oficina que o concello dispón en Bertamiráns" afirman os populares.
Según os informes técnicos que comparte a oposición, as decisións do Goberno de Ames xustifícase así:
“Necesidades de aumentar a plantilla de policía na época invernal, na que son continuas as demandas de intervencións policiais polas inclemencias climatolóxicas, que nos atopamos en plena época escolar na que os efectivos de policía teñen que vixiar as entradas/saídas dos centros, que o Concello ten dous centros urbanos claramente diferenciados coa problemática que iso ocasiona en canto a medios persoais e que un gran número de efectivos da plantilla da policía está estes momentos de baixa laboral, o que impide a maior parte dos días realizar a queda habitual de 24 horas.”
Ante este informe para a contratación dos auxiliares de Policía, os populares acusan a Miñones de acutar sen criterio "improvisando e de cara a galería sen importarlle o máis mínimo a seguridade, a proba é patente, a falta de un día para rematar os colexios".
Dende a oposición, tanto o Partido Popular como Pacto por Ames, aseguran que levan presentando innumerables iniciativas encamiñadas a dar solución a esta situación, "atopando sempre a negativa e a nula receptividade dun goberno tripartito que ao único que se adica é a impedilas e bloquealas, así como botarlle a culpa aos demais".