David Amor e Oswaldo Digón traen o espectáculo #20anosporaquí
Os humoristas galegos David Amor e Oswaldo Digón levan hoxe venres a Santiago o espectáculo #20anosporaquí para celebrar as dúas décadas do aniversario de R
R aposta, outra vez, pola canteira galega do humor, e convida ao público aos espectáculos dalgúns dos monologuistas máis soados de Galicia.
Desta volta, e coincidindo co seu 20 aniversario, o operador galego chamou a David Amor e a Oswaldo Digón para presentar un novo espectáculo con guión do tamén monologuista e actor galego Xosé A. Touriñán. Monólogos R: #20anosporaquí é humor do país enchido de referencias ao pasado e presente de R, dende os seus inicios -cando a velocidade de internet aínda se medía en Kbps- ata a era actual dos teléfonos intelixentes na nosa vida cotiá.
Desta volta, o espectáculo dos monólogos R terá lugar no Auditorio Abanca de Santiago (rúa do Preguntoiro, 23) hoxe venres 21 de decembro ás 21:00 horas.