miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Críticas polo sistema de ORA no novo aparcamento da Avenida de Ferrol

Críticas polo sistema de ORA no novo aparcamento da Avenida de Ferrol
Foto de arquivo
Críticas polo sistema de ORA no novo aparcamento da Avenida de Ferrol

Para o Grupo Municipal Popular, o Goberno de Compostela Aberta "demostra que non sabe xestionar os servizos da cidade"

O Goberno de Compostela Aberta "volve a incumprir un dos seus compromisos, situación xa habitual na súa forma de xestionar a cidade de Santiago" así de contundentes afirman os populares unha nova crítica. Neste caso afecta ao novo sistema de xestión da ORA e do guindastre.

"O Grupo de Goberno non se cansa de faltar a verdade e acaba de aprobar a creación dunha nova zona Ora na avenida de Ferrol, onde ata o de agora se podía aparcar de forma gratuíta, algo que remarcou en reiteradas ocasións que non pasaría" afirman os populares.

Así, o concelleiro delegado de espazos Cidadáns, Xan Duro, resolveu iniciar as actuacións para a tramitación da implementación dun aparcadoiro en superficie na parcela PR-10 do Plan parcial SUP-4 co carácter de uso provisional ata tanto non se proceda a construción dun centro de saúde. Con isto, procederase á creación dunha zona ORA nesta instalación.

Para o Grupo Municipal Popular, o Goberno de Compostela Aberta "demostra que non sabe xestionar os servizos da cidade por que o único que se lle ocorre para controlar un aparcamento regulado é cobrarlle aos veciños e usuarios que queiran deixar nesta instalación o seu vehículo, cando existen numerosas formas de regular este aparcamento, co fin de que teñan unha verdadeira utilidade".

O funcionamento do aparcamento de Conxo facilitaría a veciños e visitantes, ademais de traballadores da zona, puideran deixar os seus vehículos para trasladarse a facer tanto as súas compras como calquera outro trámite con maior facilidade, pero para isto non é necesario cobrarlle aos usuario, bastaría con manter un bo control da instalación.

Este aparcamento en superficie, que leva rematado hai máis dun mes e que contou cun orzamento de 100.000 euros, ten 70 prazas e estaba pensado para a dinamización comerciar do barrio. Así mesmo, a instalación, que está situada nas inmediacións do cruce da avenida de Ferrol e a rúa Conxo de Arriba, contaría cun sistema de rotación de vehículos.

Comentarios
Lo más