AGADEA repartiu agasallos de Nadal ao comercio local do ensanche
Concretamente, trátase dunhas bolas de Nadal pintadas a man no Servizo de Estimulación Terapéutica do Ensanche, nas que levan traballando varias semanas e que axudan a potenciar as súas capacidades.
As persoas usuarias de Agadea Alzheimer Santiago repartiron onte entre os establecementos do ensanche compostelán un pequeño agasallo de Nadal co que pretenden premiar a estupenda relación social que existen cos comerciantes de proximidade da zona. Ademais, moitos deles, nalgún intre da súa vida tamén formaron parte activiamente deste tecido local.
Concretamente, trátase dunhas bolas de Nadal pintadas a man no Servizo de Estimulación Terapéutica do Ensanche, nas que levan traballando varias semanas e que axudan a potenciar as súas capacidades. Este centro, situado na Rúa Diego de Muros e ó que asisten persoas con demencia tipo alzhéimer participa activamente nas actividades das asociacións locais.
Pola súa parte, os usuarios do Centro de Día Alzhéimer de Ribeira e o Servizo de Estimulación Terapéutica de Vedra e demais centros de Agadea tamén realizaron adornos navideños nas súas actividades de laborterapia repartíndoos entre os comerciantes da vila.