miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reclaman maiores puntos de luz na cidade

Reclaman maiores puntos de luz na cidade
Reclaman maiores puntos de luz na cidade

Denuncian a falta de luz na contorna da Escola Oficial de Idiomas, Xoán XXIII, Avenida de Castelao, Vista Alegre, Galeras e o barrio das Fontiñas ou a Avenida de Lugo

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia, reclama máis puntos de luz na cidade. Aínda que nos últimos meses mellorou a situación co cambio de luminarias, segue a haber zonas nas que, por distintos motivos, a partir das sete da tarde quedan cunha importante deficiencia lumínica.

En concreto dende Compromiso denuncian a falta de luz na contorna da Escola Oficial de Idiomas, Xoán XXIII, Avenida de Castelao, Vista Alegre, Galeras e o barrio das Fontiñas ou a Avenida de Lugo, asi como na contorna dos distintos parques, incluído a Alameda.

Dende a formación galeguista apuntan que nalgúns casos non se trata de falta de puntos de luz , si non de falta de mantemento do arborado que fai que boa parte do presuposto 15 millóns de euros anuais vaian polo sumidoiro.

Comentarios
Lo más