miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Atopan o cadáver do reo fugado de Pereiro de Aguiar en agosto

Atopan o cadáver do reo fugado de Pereiro de Aguiar en agosto
Fonte: Twitter
Atopan o cadáver do reo fugado de Pereiro de Aguiar en agosto

A Garda Civil investiga se o crime está relacionado co cobro dunha herdanza

Hoxe pola mañá foi atopado o cadáver de Fernando Iglesias Espiño, o recluso que se fugara o 13 de agosto de Pereiro de Aguiar. A Garda Civil de Ourense achouno entrerrado nunha finca de Senra, Piñor. Foron dúas as persoas detidas pola morte do recluso. Segundo fontes da investigación, son coñecidos do preso: un deles tiña pulseira telemática e o outro estaba tamén de permiso penitenciario. Un dos dous explotaba a finca onde foi atopado.

Iglesias, de 54 anos, cumpría condena polo asasinato da súa muller e dos seus fillos nas Palmas de Gran Candaria cando, o pasado mes de agosto saíu en réxime aberto do centro penitenciario para gozar dun permiso. Xa gozara de máis de oitenta permisos penitenciarios pero esta vez non regresou. Dende aquela os investigadores mantiveron hipótesis abertas pensando que por un lado, puidera suceder algo, ou polo outro,  que se negase a volver, tendo en conta que xa cumprira a maior parte da condena.

O reo era taxista en Canarias cando degolou á súa muller e aos seus dous fillos. No ano 1996 foi xulgado e condenado por un xurado popular a 18 anos de cárecere por cada asasinato. Xa cumplira 22 dos 25 anos que podía estar ingresado no cárcere como máximo polo que xa so lle quedaban tres anos para saír.

A Garda Civil investiga se o crime está relacionado co cobro dunha herdanza. Na actualidade, Iglesias atopábase gozando do terceiro grao e cumpría a pena no módulo no que se atopan os presos en réxime de semiliberdade. Saía do cárcere cada dúas fines de semana. 

Comentarios
Lo más