Éxito de participación no obradoiro de cociña de Nadal en Ribeira
06:30 20/12/18
06:30 20/12/18
Unha iniciativa na que participaron un total de 25 veciños e veciñas (o máximo do aforo) interesados en descubrir novas receitas
Na tarde do martes tivo lugar nas instalacións municipais da rúa Cristóbal Colón a entrega de diplomas do primeiro dos obradoiros de cociña de Nadal: unha iniciativa na que participaron un total de 25 veciños e veciñas (o máximo do aforo) interesados en descubrir novas receitas coas que facer nestas datas festivas un momento especial.
Para entregar os respectivos diplomas acudiu o alcalde Manuel Ruiz. Hoxe proseguirá esta acción co segundo dos cursos de cociña organizados.