miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha muller tivo que ser excarcerada tras un choque múltiple en O Porriño

Unha muller tivo que ser excarcerada tras un choque múltiple en O Porriño
Foto de arquivo
Unha muller tivo que ser excarcerada tras un choque múltiple en O Porriño

Un choque entre tres coches no Porriño saldouse esta tarde cunha muller ferida

Un choque entre tres coches no Porriño saldouse esta tarde cunha muller ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Baixo Miño, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O accidente tivo lugar no Polígono Industrial da Granxa, ao fío das 16:40 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro. Finalmente, a muller foi trasladada polos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias ata o centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más