miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Agustín Hernández: "Cando desbotas un proxecto, tes que buscar unha solución, non un lío"

Agustín Hernández: "Cando desbotas un proxecto, tes que buscar unha solución, non un lío"
Agustín Hernández: "Cando desbotas un proxecto, tes que buscar unha solución, non un lío"

Para Hernández, “CA pode falar de altofalantes, intereses escuros, de conspiracións, de deslealdades, poden falar do que queiran, pero a realidade é que o rio Sar está absolutamente contaminado e que temos un problema que non terá solución, alo menos, de aquí a 7 anos”

O responsable do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, ofreceu onte unha rolda de prensa na que lle pediu a Martiño Noriega que asuma as consecuencias da súa decisión de cambiar de ubicación a depuradora de Santiago. Hernández remarcou que “non é de recibo que intente buscar culpables dunha decisión adoptada por el mesmo” o que non sabe o alcalde é que “o proxecto dunha depuradora non é un contrato menor, non é algo que podamos cambiar dun día para outro”.

O dirixente Popular subliñou que, cando “desbotas un proxecto, tes que buscar unha solución, non un lío”. Para Hernández o cambio levado a cabo por Compostela Aberta “é lexítimo, pero está resultar a absolutamente irresponsable, posto que cando entraron no Goberno xa existía un proxecto, unha declaración de impacto ambiental, un financiamento e a posibilidade de iniciar a súa execución”.

Agustín Hernández aclarou que “o que non pode facer agora o alcalde é botarlle a culpa a outros despois dun ano do cambio de decisión e de catro anos de mandato, resulta ridículo botarlle a culpa á Xunta de Galicia ou ao Goberno central”. “Martiño Noriega ten conseguido que, neste momento, a contaminación do Sar siga aí e que, de aquí ao final do mandato, Santiago non teña nada de nada para resolver o problema da súa depuración, é dicir, estamos no punto de partida do ano 2011”, agregou.

“Descoñecemos que intereses puideron mover ao actual alcalde a tomar esta decisión unilateral de graves consecuencias, pero o que si sabemos é que a xente toma decisións transcendentes cada 4 anos nas urnas e, non nós cabe ningunha dúbida que, aos santiagueses pesaralles esta gravosa decisión”, incidiu.

Hernández insistiu en que “so hai que remitirse ás propias palabras do alcalde para comprender que estamos ante un auténtico irresponsable, primeiro boicotea á depuradora e agora reclama un plan de actuación que concrete unha alternativa viable”. “Con absoluta franqueza, isto non ía de decidir algo intranscendente, había que decidir sobre o futuro de Santiago e de todos os santiagueses e Martiño Noriega condenou a Santiago a seguir anclado no seu pasado”, explicou.

Para Hernández, “CA pode falar de altofalantes, intereses escuros, de conspiracións, de deslealdades, poden falar do que queiran, pero a realidade é que o rio Sar está absolutamente contaminado e que temos un problema que non terá solución, alo menos, de aquí a 7 anos”.

Para os Populares, Noriega ten que admitir as súas responsabilidades e asumir que os santiagueses terán que pagar 1500 euros por familia, como consecuencia de non ter financiamento europeo. É dicir, onde había unha solución xerou un problema medio ambiental, un problema de economía pública e de economía doméstica.

Para Hernández o escenario actual é que a capital de Galicia ten unha total carencia medioambiental e do seu saneamento; o río Sar está a soportar unha situación insostible de emerxencia medioambiental e o peor é que isto non vai mudar de aquí aos vindeiros anos.

O voceiro do grupo Municipal Popular lembrou que aínda estamos á espera das conclusións dun contrato menor, destinado a complementar o estudo da Universidade de Santiago, que contratou o concelleiro Xan Duro hai meses e que ía estar para xuño, pero nada sabemos.

Neste momento, a Administración central vese obrigada a iniciar un camiño para sacar a diante a idea de Compostela Aberta e, para elo, hai que iniciar un itinerario que “xa tiñamos andado, é dicir, agora hai que facer unha licitación de estudos de alternativas, hai que sacar a concurso a licitación, hai que respectar os prazos da lei de contratos do sector público, hai que adxudicar un estudo de alternativas que poña enriba da mesa todo aconteceu ao respecto deste expediente e, ademais, acreditar, non soamente, que é viable a solución na Silvouta, senón que medioambientalmente é mellor, aceptable e viable ambientalmente”.

A partir de aí, hai que sacar un anteproxecto o un estudo técnico máis profundo, obter a viabilidade medioambiental e, logo, avanzar na redacción do anteproxecto e na licitación da obra si é por sistema de concurso de obra, para despois seguir facendo máis trámites. Agustín Hernández aclarou que todo iso pode levar menos de sete anos, pero ten que ter toda a seguridade xurídica para que a obra sexa viable e, ata ter iso, non se pode comparar co que temos agora.

ANTECEDENTES

No transcurso da súa intervención, Agustín Hernández lembrou que ao inicio deste mandato había un proxecto, que garantía ter unha depuradora máis pronto que tarde e cofinanciada con fondos FEDER da UE, pero tras de 3 anos sen facer absolutamente nada, o alcalde adoptou a decisión unilateral de boicotear aquel proxecto, é dicir, “condenou ao río Sar a soportar vertidos de augas sen tratar, condenou á cidade a perder os fondos europeos, polo que condenou ás arcas públicas a unha hipoteca e condenou a todos os santiagueses a pagar mais polo recibo da auga.

Comentarios
Lo más