Liberan a unha muller que lle quedou o brazo atrapado nun muíño en Marrozos
O accidente ocorreu sobre as 11:15 horas desta mañá, numa casa particular, situada en Marrozos
Unha muller de avanzada idade foi excarcerada esta mañá ao quedarlle un brazo atrapado nun muíño.
Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios de urxencias, os Bombeiros de Santiago, que foron os que liberaron a muller da máquina coa que realizaba traballos domésticos.
O accidente ocorreu sobre as 11:15 horas desta mañá, numa casa particular, situada en Marrozos, no lugar de Vixoi, Santiago de Compostela. A esa hora, tras recibir a alerta, o 112 Galicia informou dos feitos ademais de aos Bombeiros, aos axentes da Policía Nacional, Local e aos efectivos de Protección Civil.
Unha vez evacuada, a ferida foi trasladada polos técnicos do 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.