miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Seguen as choivas en Compostela

Seguen as choivas en Compostela
Seguen as choivas en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima chegará aos 11ºC

Logo do paso da fronte fría tan activa na xornada do martes, para o mércores agárdase unha situación de intervalos anubrados con chuvascos intermitentes, máis frecuentes e intensos nas primeiras horas, cando poden vir acompañados de treboadas e sarabia, e máis ocasionais e illados cara á tarde.

A cota de neve estará sobre os 1000-1200 metros. 

As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima chegará aos 11ºC.

Os ventos soprarán de compoñente oeste, con intervalos fortes pola mañá no litoral.

Comentarios
Lo más