miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea Touro organiza unha visita a unha cooperativa de Manzaneda para trasladar o exemplo dunha cooperativa de éxito a Touro

Foi fundada por dez socios no ano 2013 e a súa actividade principal é a recollida e transformación da castaña

O grupo local de En Marea Touro organiza unha visita á cooperativa ourensán Amarelante para coñecer de primeira man o seu traballo. 

Foi fundada por dez socios no ano 2013 e a súa actividade principal é a recollida e transformación da castaña. Producen castaña seca, fariña de castaña e unha exquisita bica feita co produto estrela.

Esta cooperativa é un exemplo de aproveitamento do rural, e unha mostra máis de que é posible xerar emprego de calidade e fixar poboación a través de iniciativas de alto valor engadido como esta.

Por todo isto invitan á veciñanza a facer esta visita para aprender en profundidade o funcionamento deste modelo de negocio e poder trasladalo ó concello de Touro, no que se producen todo tipo de produtos agroalimentarios, e deste xeito aproveitar a potencialidade do municipio.

Comentarios
Lo más