miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hoxe mércores impártese unha nova charla do programa “Falemos de saúde”

Hoxe mércores impártese unha nova charla do programa “Falemos de saúde”
Hoxe mércores impártese unha nova charla do programa “Falemos de saúde”

Ambos profesionais falarán da correcta administración de fármacos e organización do tratamento

O local de JUPEMI, situado no Milladoiro, acollerá hoxe mércores, 19 de decembro, unha nova charla do programa municipal “Falemos de Saúde”. Nesta ocasión o obradoiro, que comezará as 17:30 horas, será impartido por Ubaldo Fernández (coordinador do servizo de enfermería do Centro de saúde de Bertamiráns) e Natalia Martínez-Reboredo (farmacéutica). Ambos profesionais falarán da correcta administración de fármacos e organización do tratamento.

Ao abeiro do programa “Falemos de Saúde”, que se leva impartindo dende o pasado 9 de maio, o local de persoas xubiladas JUPEMI, situado no Milladoiro, acolle unha nova sesión hoxe mércores, 19 de decembro. Esta charla, que comezará ás 17:30 horas, tratará sobre a correcta administración de fármacos e organización do tratamento. Esta actividade será impartida por Ubaldo Fernández (coordinador do servizo de enfermería do Centro de saúde de Bertamiráns) e Natalia Martínez-Reboredo (farmacéutica).

Esta edición do programa “Falemos de saúde”, organizado polo Concello de Ames en colaboración coa Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), constou de varias charlas-obradoiros que xiraron en torno á saúde, tanto física como emocional. O programa inaugurouse o pasado 9 de maio coa celebración dunha charla centrada no exercicio físico na terceira idade. Coa charla desta semana péchase o programa de 2019.

Comentarios
Lo más