Ribeira licita a mellora da pavimentación e a accesibilidade ao porto de Palmeira
O prezo de licitación é de 80.981 euros e o prazo de execución, dous meses
O Concello de Ribeira informa da licitación das obras dirixidas á renovación da rede de pluviais e á mellorar e a pavimentación e a accesibilidade no porto de Palmeira.
Na zona de actuación existe unha cuneta para a recollida de augas pluviais que supón un obstáculo para acceder ao parque colindante. Ademais, as beirarrúas son moi estreitas nalgún punto e as raíces das árbores situadas na zona axardinada están xerando danos no pavimento e provocando irregularidades.
O obxectivo que se persegue reside en instalar unha nova liña de pluviais que permita anular a cuneta actual e construír unha beirarrúa pegada ao parque de maior anchura que a actual para mellorar a accesibilidade.
A rede de pluviais estará formada por 275 metros de lonxitude e incluirá a instalación de 8 pozos de rexistro e 10 arquetas. Na beirarrúa se estenderá unha capa de formigón semipulido na que se intercalarán franxas de adoquín de formigón.
O prezo de licitación é de 80.981 euros e o prazo de execución, dous meses. Os interesados poden presentar as súas ofertas ata o 7 de xaneiro.