miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os populares solicitarán ao Goberno de Martiño Noriega medidas para garantir o principio de competencia de contratación pública do Concello

Os populares solicitarán ao Goberno de Martiño Noriega medidas para garantir o principio de competencia de contratación pública do Concello
Os populares solicitarán ao Goberno de Martiño Noriega medidas para garantir o principio de competencia de contratación pública do Concello

O Partido Popular tamén lle require a CA que de conta nun Pleno municipal do resultado da e lle dea traslado á correspondente autoridade da Competencia

O Grupo Municipal Popular quere coñecer polo miúdo a situación de distintos contratos que leva asinado o Concello desde o inicio deste mandato. Por isto, os Populares, no Pleno desta semana, solicitará ao Goberno de Martiño Noriega medidas que garantan o principio de competencia de contratación pública do Concello desde o inicio deste mandato.

Os de Agustín Hernández instarán ao Goberno de Martiño Noriega a que, no prazo de dous meses, elabore unha primeira memoria sobre a contratación pública levada a cabo polo Concello e as entidades Tussa, Incolsa e o Auditorio de Galicia.

Na documentación solicitada polos populares inclúense os procedementos de contratación cun reducido número de licitadores ou, en todo caso, cun so licitador; a relación de empresas que, de forma reiterada, resultan adxudicatarias de contratos semellantes; e os contratos prorrogados.

Así mesmo, o grupo que dirixe Agustín Hernández tamén pide os contratos vencidos que sigan a ser facturados polas empresas, explicando se houbo incremento de prezos tras o seu vencemento; os desestimentos ou adxudicacións deixadas sen efecto; os contratos de emerxencia; e a relación de contratos menores que reflicten a existencia dun servizo permanente no tempo.

O Partido Popular tamén lle require a Compostela Aberta que de conta nun Pleno municipal do resultado da e dea traslado da mesma á correspondente autoridade da Competencia.

Ao Grupo Municipal Popular parécelle o equipo de Martiño Noriega "esquece que os mecanismos da contratación pública no só resultan fundamentais para que a Administración obteña os bens e servizos necesarios para a consecución dos seus fins; tamén é unha actividade que pode redundar na consecución dun crecemento económico eficiente, intelixente, sostible e integrador".

SALVARGADAR A LIBRE COMPETENCIA

"CA debería lembrar que o exercicio da contratación pública debe salvagardar a libre competencia, entendida como un marco de igualdade de oportunidades, sobre todo, para a pequena e media empresa" aseguran os populares.

Os populares xa advertiron ao Goberno que “na contratación pública conflúen circunstancias que a converten, inherentemente, nunha área relativamente máis proclive á existencia de prácticas irregulares desde o punto de vista da competencia, que prexudica se non se corrixen a Administración pública, aos potenciais competidores e, en último termo, aos cidadáns e contribuíntes”.

Así, os populares creen que é desexable que as Administracións Públicas que teñen un gran volume de contratación, como é o caso do Concello de Santiago, deben comprobar distintas cousas, como "se existen indicios de prácticas colusorias e, por outra parte, valorar se as distintas fases dos procedementos da contratación pública se están a levar a cabo do xeito más propicio, co fin de favorecer o acceso das pemes ás licitacións públicas".

Cabe sinalar que, nesas distintas fases da contratación pública: fase de decisión, de selección do procedemento, de deseño dos pregos, de desenvolvemento do procedemento e de execución do contrato hai moitas as cuestións a ponderar e a revisar para os efectos de garantir o principio de libre competencia.

Por todo iso, os Populares consideran imprescindible e como primeiro avance da diagnose da política contractual do Concello, ir estudando algunhas delas, de aí esta solicitude a Goberno local ante o Pleno municipal.

Comentarios
Lo más