Detido un home por ameazar con dous coitelos a un veciño en Ourense
A agresión tivo lugar antes do mediodía do pasado 14 de decembro
Según fontes policiales, hoxe foi detido un home acusado de entrar nun domicilio de Ourense con dous coitelos en cada man e gritando e ameazando con eles. A agresión tivo lugar antes do mediodía do pasado 14 de decembro.
Efectivos da mesma acudiron ao lugar e escoitaron a voz dun home que ameazaba dicindo "voute matar" e, unha vez no interior da vivenda atopárono fora de sí, segundo afirman os axentes. Segundo a vítima, sentiu o timbre na súa casa e, ao abrir a porta, veu a un veciño con dous coitelos que, á forza, accedeu ao interior. Máis tarde, coa axuda dun amigo conseguiron empuxar ao agreso e botalo fora mentres chamaban á policía.
O suposto agresor, que fora acusado de invasión do domicilio e tentativa de homicidio, insistiu en que non entendía porqué o detiñan xa que "non pegara a ninguén e non quería pegar a ninguén, que o que quería era matalos" segundo afirmaron fontes policiais.