Sinistro en As Pontes con xabarís impliados
Este tipo de accidentes estanse a converter en habituais pola comarca
Algo que é xa habitual, sobre todo na Comarca do Eume e Ferrolterra, son os sinistros producidos por xabaríns que cruzan a estrada. De feito nas últimas horas rexistráronse dous accidentes deste tipo na zona: un en As Pontes, onde faleceron tres xabarís; e outro no polígono industrial Río do Pozo, en Narón, onde morreu atropelado outro animal.
O sinistro de As Pontes rexistrouse sobre as 22:00 horas do luns na estrada AC-861, entre a rotonda da Casilla e a rotonda de Endesa, zona típica de paso de xabaríns, segundo informa a Policía Local do municipio. Tamén fai días, no Concello ocorreu outro accidente similar na estrada AC-564 que une As Pontes e Cabanas, cerca do polígono de Penapurreira, co resultado dunha manada falecida: dous adultos e tres crías.