miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Case dous anos despois atópanse os restos dun octoxenario desparecido en Castro Caldelas

Case dous anos despois atópanse os restos dun octoxenario desparecido en Castro Caldelas
Foto de arquivo
Case dous anos despois atópanse os restos dun octoxenario desparecido en Castro Caldelas

Dous cazadores deron con eles nun lugar próximos a uns miradores sobre o Cañón de Sil

Casi dous anos después da súa desaparición, atopáronse o domingo os restos mortais de Ramón López González de 89 anos. O octoxenario salira a pasear unha tarde de marzo de 2017 da súa casa de A Eirexa (Alais) en Castro Caldelas e nunca regresou.

De xeito casual, dous cazadores deron con eles nun lugar próximos a uns miradores sobre o Cañón de Sil. Un xabarín ferido levounos ata este lugar pouco accesible, xunto as Penas de Matacás, a uns dous ou tres kilómetros da casa na que Ramón vivía cun dos seus fillos. Por ese mesmo lugar fixéranse batidas nas que participaron medios de toda Galicia e incluso fixeron uso de drones pero o corpo non apareceu.

Esta vez, o domingo pola tarde, os dous cazadores perseguían á presa ferida cando atoapron unha chaqueta granate no chan nun lugar alonxado e sospeitaron. Ao levantar a chaqueta viron os restos óseos.

Comentarios
Lo más