miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 150 incidencias por mor do temporal en Galicia

Máis de 150 incidencias por mor do temporal en Galicia
Máis de 150 incidencias por mor do temporal en Galicia

Ames, Ribeira, Vilagarcía... son algúns dos concellos que máis se viron afectados polo temporal

Dende as 00:00 ata as 12:00 horas do dia de hoxe, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia leva rexistrado un total de 157 incidencias a causa da fronte por vento e choiva que afecta á comunidade galega.

Por provincias, a da Coruña está a ser a máis afectada, con (69) incidencias rexistradas, seguida a de Pontevedra con (49), a de Ourense con (20) e (19) incidentes rexistrados na provincia de Lugo. A caída de árbores e polas nas estradas son os incidentes que máis se repiten, cun total de (79). En canto os concellos destacamos o de Santiago de Compostela con (8), Muxía con (7), o de Ferrol con (4) incidentes e o de Ribeira con (3). Na provincia de Pontevedra, o concello de Pontevedra con (6) incidentes rexistrados, o de Vigo con (10), e o da Estrada con (5). O concello de Ourense (2) incidentes e outros (2) para o concello de Xunqueira de Ambía, na provincia de Ourense. En Lugo destacamos o de Quiroga con (3) incidentes.

En canto ás tipoloxías, destacamos a caída dunha árbore en Coles que afectou a circulación férrea. Un total de seis convois víronse afectados, restablecéndose a circulación nada mais ser retirada a árbore. No concello coruñés de Ames, os efectivos do Servizo de Emerxencias de Protección Civil comunicaban ao 112 a saída cara o centro de saúde por mor de anegamentos a causa da choiva. Asimesmo, en Vilagarcía, un poste de aluminio caía sobre un coche no párking de Fexdega, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Comentarios
Lo más