miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous anos de libertad condicional para os conductores que causaron o accidente mortal de Cumeiro no 2015

Dous anos de libertad condicional para os conductores que causaron o accidente mortal de Cumeiro no 2015
Foto de arquivo
Dous anos de libertad condicional para os conductores que causaron o accidente mortal de Cumeiro no 2015

No accidente, que ocorrera mentres se dirixían a ver o Rali do Cocido de Lalín, faleceron Noemí Touceda e Samuel Maneiro

Dous conductores forn condenados a penas de cárcere que, ao haber conformidade, quedan suspendidas, por un accidente mortal en Cumeiro en 2015. No sinistro, ocurrido cando ían presenciar o Rali do Cocido de Lalín, perderon a vida Noemí Touceda García, de 21 anos e Samuel Maneiro Conde, da mesma edade y de Catoira.

O xuíz do Xulgado Penal número 2 de Pontevedra impuxo unha condena de dous anos de prisión a J.T.C., o xove de Valga que conducía o Peugeot 206 no que ían as dúas víctimas mortais ao consideralo o autor dun delito de conducción temeraria e de outros dous de homicidios imprudentes. Tamén non poderá conducir vehículos de motor e ciclomotores durante dous anos e seis meses. A pena rebaixa notablemente a condena que solicitaba a Fiscalía: tres anos e medio de cárcere e, ademáis, a prohibición de conducir vehículos de motor e ciclomotores durante oito anos e medio.

O outro acusado veciño de Rois, I.L.T. foi considerado responsable dun delito de condución temeraria polo que foi condenado a seis meses de cárcere e a prohibición de conducir por seis meses. Para este acusado a Fiscalía solicitara dous anos e medio de cárcer e a prohibición de conducir por seis anos e medio.

A sentenza proba que o 21 de marzo do 2015, J.T.C. conducía pola PO-905 o Peugeot 206 con Samuel Maneiro de copiloto e Noemí Touceda no asento de atrás. Os xoves dirixíanse a ver unha das probas do Rali do Cocido. Diante deles circulaba un Audi A3 que manexaba I.L.T. e no que ían catro persoas. Os dous conductores "prescindieron das máis elementais normas de seguridade do tráfico realizando unha condución brusca e a gran velocidade" segundo a sentencia. Engade que o Audi A3 invadiu o carril contrario obrigando ata a tres coches que viñan de frente a desprazarse á dereita para evitar a colisión.

Nunha curva en Cumeiro, o Peugeot 206 invade o sentido contrario e empótrase de frente contra un Audi A4 que viña en dirección contraria e que xa tivera que evitar colisionar co o outro conductor, I.L.T. "picado". O Peugeor 206 comezou a arder tras o impacto. Noemí Touceda falece no intre, os outors dous ocupantes foron trasadados ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña en estado grave. Samuel Maneiro morría esa madrugada.

Comentarios
Lo más