A SD Compos presenta o II Campus de Nadal
Os horarios do Campus serán de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas
O segundo Campus de Nadal da SD Compostela terá lugar o próximo mes de xaneiro no pavillón do CEIP Monte dos Postes. Destinado a cativos e cativas de 4 a 11 anos, esta nova edición celebrarase do 2 ao 4, en xornada partida, malia que existe a posibilidade de escoller solo medio día.
Os prezos para mañá e tarde son os seguintes: Xeral 90 euros; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 70 euros; irmás/áns de inscritas/os 70 euros; e canteira do club 60 euros.
Mentres, para a media xornada: Xeral 50 euros; abonados/as ou fillos/as de abonados/as 45 euros; irmás/áns de inscritas/os 45 euros; e canteira do club 40 euros.
Os horarios do Campus serán de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, con posibilidade de levalos antes ou recollelos despois, para axudar á conciliación familiar.