miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa queda atrapada tras unha colisión entre dous vehículos en Carballo

Unha persoa queda atrapada tras unha colisión entre dous vehículos en Carballo
Unha persoa queda atrapada tras unha colisión entre dous vehículos en Carballo

Ao redor das 8:30 da mañá de hoxe, unha persoa particular chamou ao CIAE 112 para alertar dunha colisión entre dous coches en Carballo

O condutor dun turismo tivo que ser liberado tras un accidente na AC-552. Os Bombeiros de Carballo tiveron que retirar a porta do vehículo para liberar ao condutor que se atopaba atrapado tras o choque con outro coche. 

O acompañante atopábase accesible e puido saír polo seu propio pé. En total, dúas persoas tivieron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Ao redor das 8:30 da mañá de hoxe, unha persoa particular chamou ao CIAE 112 para alertar dunha colisión entre dous coches en Carballo. No seu relato, indicaba que as persoas que se atopaban nos vehículos podían estar atrapadas. 

De inmediato, o 112 Galicia activou un operativo no que participaron os Bombeiros de Carballo, os efectivos do 061- Urxencias Sanitarias, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico ademais dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez chegados ao punto, a Policía Local informou ao CIAE 112 de bastante retención na estrada debido ao accidente, polo que os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico. 

Comentarios
Lo más