Unha fronte activa deixará fortes chuvias en Compostela durante este martes
08:00 18/12/18
08:00 18/12/18
En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 12ºC
Durante o martes unha fronte moi activa atravesará Galicia deixando novamente unha situación de temporal de chuvia e vento.
Deste xeito, agárdanse ceos moi anubrados ou cubertos con chuvias que serán máis intensas e persistentes pola mañá e que pola tarde irán quedando en forma de chuvascos intermitentes.
As temperaturas experimentarán un ascenso, que será máis acusado nas mínimas. En Compostela a temperatura mínima acadará os 6ºC e a máxima chegará aos 12ºC.
Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes en xeral pola mañá, diminuíndo progresivamente a súa intensidade.