Os nenos e nenas de Ribeira puideron participaron nun obradoiro de xogos de mesa en galego
Os asistentes tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro para coñecer e crear os xogos máis interesantes
Superáronse as expectativas e máis de vinte nenos e nenas xunto coas súas familias acudiron o domingo á Biblioteca Municipal para participar nunha actividade gratuíta de dinamización do uso da lingua galega consistente nun obradoiro de xogos de mesa.
A acción (que inicialmente ía ter lugar no veciño Centro Cultural Lustres Rivas e cambiouse á biblioteca por resultar un espazo máis acaído ao contido da actividade) pertence ao programa Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia e estaba dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos.
Da man de Brazolinda, especialistas en xogos artesanais, os asistentes tiveron a oportunidade de participar nun obradoiro para coñecer e crear os xogos máis interesantes.