miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan ao extesoureiro do Concello de Lousame por apoderarse de forma ilícite de 290.564 euros

Condenan ao extesoureiro do Concello de Lousame por apoderarse de forma ilícite de 290.564 euros
Condenan ao extesoureiro do Concello de Lousame por apoderarse de forma ilícite de 290.564 euros

Ademais, impúxolle o aboamento dunha indemnización de 154.565 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, de acordo co veredicto do Tribunal do Xurado, condenou a dous anos e nove meses de prisión e á inhabilitación absoluta durante oito anos o ex tesoureiro do Concello de Lousame (A Coruña) por cometer un delito de malversación de caudais públicos. 

Ademais, impúxolle o aboamento dunha indemnización de 154.565 euros. Os outros dous acusados, a muller do que fora tesoureiro e o que era administrador dunha empresa á que o sentenciado desviou fondos, foron absoltos dos delitos de malversación de caudais públicos que lles imputaban.

O tribunal indica na sentenza que o condenado, entre os anos 2010 e 2012, aproveitou o acceso que tiña ás contas bancarias da Administración local para desviar cartos “en numerosas ocasións e utilizando diferentes técnicas”. 

Desta forma, conseguiu apoderarse de 290.564 euros. “As subtraccións de cartos efectuadas polo acusado supuxeron un detrimento económico notable para o patrimonio do Concello durante moito tempo”, destaca a Audiencia Provincial, á vez que subliña que “afectaron de maneira considerable ao funcionamento ordinario do Concello e á carga de traballo dos funcionarios que integraban o persoal, así como o prestixio do Concello cos seus provedores”.

Comentarios
Lo más