Veciños de Ordes completan a terceira etapa do Camiño portugués pola costa
06:30 18/12/18
06:30 18/12/18
O punto de partida situouse na localidade de Baiona, onde foron recibidos polo seu alcalde, Ángel Manuel Rodal
130 veciños e veciñas de Ordes realizaron esta fin de semana a terceira etapa do Camiño portugués pola costa. O punto de partida situouse na localidade de Baiona, onde foron recibidos polo seu alcalde, Ángel Manuel Rodal.
Durante máis de cinco horas camiñaron ata chegar á cidade de Vigo, de onde novamente partiron en autobús cara a Ordes. Haberá que esperar ao mes de xaneiro para unha nova camiñata, a cal transcurrirá entre Vigo e Redondela.