miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CCOO presenta o resumo dun estudo sobre a calidade de vida e rede de servizos para as persoas maiores

CCOO presenta o resumo dun estudo sobre a calidade de vida e rede de servizos para as persoas maiores
CCOO presenta o resumo dun estudo sobre a calidade de vida e rede de servizos para as persoas maiores

As provincias da Coruña, Lugo e Ourense están entre as dez máis avellentadas de toda España

Comisións Obreiras (CCOO) presentará hoxe martes, día 18 de decembro, a publicación Observatorio social de las personas mayores 2018, elaborado pola Federación estatal de Pensionistas e Xubilados do sindicato. A comparecencia diante dos medios de comunicación será ás 11:00 na sala de prensa da sede nacional de CCOO, en Santiago de Compostela, e nela intervirán o secretario xeral da FPX-CCOO de Galicia, Carlos Mella, e o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento.

O Observatorio realiza unha panorámica das condicións de vida das persoas maiores, o seu estado de saúde, os seus recursos tanto económicos como de protección social e os riscos específicos aos que se enfrontan, con especial atención ao sistema de pensións e ao sistema de atención á dependencia.

Tres provincias galegas entre as dez máis avellentadas

O proceso de avellentamento da poboación non é homoxéneo no Estado español. O peso da poboación de más de 65 años sobre el total é especialmente relevante en Galicia, Asturias e Castela e León, onde se sitúa ao redor do 25 %. No polo oposto están Murcia e os arquipélagos das Baleares e das Canarias (15 %). Segundo datos recollidos no Observatorio, das dez provincias con maior porcentaxe de persoas de 65 anos ou máis, tres son galegas (A Coruña, Lugo e Ourense)

Comentarios
Lo más