A Xerencia de Santiago incorpora o tratamento de ambulatorio para pacientes con enfermidade de Parkinson avanzado
No protocolo para evitar o ingreso hospitalario intervén un equipo multidisciplinar formado polo servizo de neuroloxía, a unidade de endoscopia dixestiva e HADO (unidade de hospitalización a domicilio)
O equipo que forma a unidade de trastornos do movemento do servizo de Neuroloxía da área sanitariacompostelá publicou na Revista de Neurología os resultados dun estudo sobre o “instauración ambulatoria e manexo do tratamento con infusión intraduodenal de levodopa-carbidopa (IILC) na enfermidade de parkinson avanzada”.
A unidade de párkinson da XXIS ten implementado un protocolo de instauración do tratamento con infusión continua de levodopa-carbidopa intestinal sen necesidade de ingreso hospitalario grazas ao desenvolvemento dun circuíto multidisciplinar entre o propio servizo de neuroloxía, aunidade de endoscopia dixestiva e a unidade de HADO (hospitalización a domicilio).
En ano e medio tratáronse 5 pacientes con enfermidade de párkinson avanzada. Estes pacientes están entre os 71 e os 78 anos e 4 son mulleres. Todos eles continúan co tratamento e non teñen complicacións significativas. A instauración ambulatoria do tratamento aforra custe, evita o impacto negativo do ingreso no paciente e favorece a súa adaptación e tolerancia ao mesmo.
A enfermidade de párkinson é un trastorno neurodexenerativo caracterizado clinicamente por un amplo abano de síntomas motores e non motores. A enfermidade de párkinson avanzada sucede cando o tratamento de primeira liña non proporciona o seu adecuado control. O mecanismo dopaminérxico continúa sendo a base sobre a que xiran as terapias avanzadas da enfermidade, en forma de estímulo dopaminérxico contínuo ou mediante a estimulación cerebral profunda. A identificación de dita fase é de crucial importancia para o neurólogo, co fin de proporcionar ao paciente a mellor terapia posible.
Entre outras, unha das causas implicadas na aparición de flutuacións motoras e discinesias é a absorción errática da levodopa no intestino. Unha administración menos pulsátil e máis mantida da medicación tradúcese nun melloría dos síntomas da enfermidade do párkinson avanzada ao reducir o impacto negativo do alixeiramento gástrico na súa absorción.
A instauración do tratamento con IILC realízase habitualmente co paciente ingresado nun servizo de neuroloxía . Inicialmente convértese o tratamento antiparkinsoniano nun dose equivalente de levodopa, carbidopa en xel buscando a súa optimización, que en xeral conséguese en 4-5 días mediante sonda nasoduodenal temporal (fase de test), Unha vez comprobado o efecto beneficioso do tratamento e súa boa tolerancia, realízase unha gastrostomía endoscópica percutánea (PEG).
A xerencia de Santiago complementou un protocolo de instauración do tratamento con IILC en réxime completo ambulatorio prescindindo, polo tanto, do ingreso hospitalario do paciente. Para elo se conta coa dispoñibilidade dun hospital de día, persoal de enfermería con especial formación no tratamento con IILC e a colaboración da unidade de hospitalización a domicilio para a vixilancia da PEG nos primeiros días tras asúa colocación. No protocolo para evitar o ingreso hospitalario intervén un equipo multidisciplinar formado polo servizo de neuroloxía, a unidade de endoscopia dixestiva e HADO (unidade de hospitalización a domicilio).