Trasladan a dúas persoas ao HULA despois de inhalar fume no incendio da súa vivenda
19:36 17/12/18
19:36 17/12/18
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia pasadas as 13:30 horas informando de que saía fume dun piso
Un incendio na cociña dunha vivenda na rúa Profesor Otero Pedrayo, á altura do número 26, en Lugo, provocou que dúas persoas fosen trasladadas por inhalación de fume ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia pasadas as 13:30 horas informando de que saía fume do piso e solicitaba medios para acceder á vivenda.
No mesmo intre que se recibiu o aviso, dende o CIAE 112 Galicia informouse ao 061-Urxencias Sanitarias e púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros de Lugo e tamén da Policía Nacional, da Policía Local e de Protección Civil da cidade.