Trasladan a un home tras chocar o seu vehículo contra un muro en Oza-Cesuras
O ocupante do vehículo atopábase inconsciente
Un home tivo que ser trasladado en ambulancia polos servizos sanitarios de urxencia, tras chocar o seu vehículo contra un muro e sobrepasar a varanda de seguridade no municipio coruñés de Oza-Cesuras. Poucos minutos antes das dez desta mañá, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para alertar dun accidente con feridos na AC-840.
Segundo a información facilitada ao 112, o ocupante do vehículo atopábase inconsciente, polo que os xestores do 112 Galicia informaron aos profesionais do 061- Urxencias Sanitarias para o traslado do ferido ao centro hospitalario de referencia.
Neste operativo tamén colaboraron a Garda Civil de Tráfico, dos GES de Curtis, ademais dos Bombeiros de Betanzos e o servizo de mantemento da estrada.