Arde un vehículo na localidade pontevedresa de Porriño
10:52 17/12/18
10:52 17/12/18
A persoa afectada foi trasladada a un centro sanitario pola ambulancia do 061
Ás 08:30 horas do luns, o 112 Galicia recibiu a chamada de varios particulares que avisaban dun coche ardendo no Porriño, Pontevedra.
Os xestores do CIAE 112 informaron de inmediato ao 061- Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Porriño, aos voluntarios de Protección Civil, á Polícia Local e tamén aos Bombeiros de Vigo.
Segundo indicouse ao 112 Galicia, o lume produciuse no motor do vehículo e afectou parte do seu interior. A persoa afectada foi trasladada a un centro sanitario pola ambulancia do 061- Urxencias Sanitarias debido aos nervios e á inhalación de fume.