miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cae un operario mentres traballaba nas obras do AVE

Cae un operario mentres traballaba nas obras do AVE
Cae un operario mentres traballaba nas obras do AVE

Foi un compañeiro quen pouco antes das nove desta mañá alertou do suceso a través do 112 Galicia

Un operario sofre unha caída mentres traballaba nas obras do AVE que se están a executar na estación de Alberguería, en Vilar de Barrio.

Foi un compañeiro quen pouco antes das nove desta mañá alertou do suceso a través do 112 Galicia. Segundo indicou, o home sangraba e perdía a consciencia. 

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais sanitarios, así como aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Cando lograron estabilizado, o ferido foi evacuado polo equipo do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital de Verín.

Comentarios
Lo más