Cardioloxía da área sanitaria de Santiago e Barbanza premiada pola Sociedad española de Cardiología
Recibiu o premio SEC-EXCELENTE en TAVI e en Ablación en fibrilación auricular
O servizo de Cardioloxía da Área sanitaria de Santiago e Barbanza acaba de ser premiada pola Sociedade Española de Cardiología cos premios SEC-EXCELENTE pola súa calidade asistencial nos procedementos de implante percutáneo valvular aórtico (TAVI) e ablación en fibrilación auricular.
Con estas acreditacións a SEC busca mellorar a prevención, diagnóstico e tratamento das enfermidades cardiovasculares. Acudiron o venres a recoller o recoñecemento a Madrid os cardiólogos Diego López Otero e Luis Martínez Sande, xunto a outros 15 hospitais españoles.
Tal e como lembra a SEC o proceso TAVI refírese ao implante dunha prótese aórtica biolóxica percutánea fundamentalmente por vía transfemoral que constitúe unha alternativa ao reemplazo cirúrxico da válvula aórtica en doentes con estenose aórtica severa sintomática, especialmente nos de alto risco cirúrxico ou inoperables. O Dr López Otero recibiu a acreditación.
O cardiólogo Luís Martínez Sande recolleu a acreditación SEC-EXCELENCIA á ablación en fibrilación auricular, que é un conxunto de técnicas intervencionistas para o tratamento de lesións nas aurículas.