miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Amplíase ata o 19 de decembro o prazo de inscrición do programa Explorer para emprendedores da USC

Amplíase ata o 19 de decembro o prazo de inscrición do programa Explorer para emprendedores da USC
Foto de arquivo
Amplíase ata o 19 de decembro o prazo de inscrición do programa Explorer para emprendedores da USC

É unha iniciativa aberta a persoas emprendedoras con idades entre 18 e 31 anos

O prazo de inscrición para participar no programa Explorer Jóvenes con Ideas ampliarase ata o mércores 19 de decembro. Esta é unha iniciativa aberta a persoas emprendedoras con idades entre 18 e 31 anos que poderán formalizar este trámite a través de Santander X. O programa impulsa o talento da mocidade e a xeración de proxectos innovadores nun entorno dixital, aberto e colaborativo e brindaralle formación e mentoring de forma gratuíta a persoas que queiran desenvolver as súas ideas de negocio.  Explorer está promovido por Banco Santander a través de Santander Universidades e coordinado polo CISE.

As persoas seleccionadas poderán beneficiarse do acceso aos Explorer Space da USC (Santiago e Lugo), dous centros de coworking de alto rendemento onde desenvolverán as súas ideas de forma colaborativa, conectarán con outros emprendedores e recibirán asesoramento personalizado e formación impartida por unha rede de mais de 200 expertos en innovación e modelos de negocio. Para esta nova convocatoria, o programa incorpora máis contidos dixitais, fortalecendo a formación cas últimas metodoloxías e reforzando a conexión entre mozos de diferentes Spaces.

Ao finalizar os cinco meses de formación e ideación, o proxecto mellor valorado de cada Explorer Space viaxará a Silicon Valley, xunto con outros 56 emprendedores de diferentes centros onde recibirán clases maxistrais en empresas tecnolóxicas, asesoramento en internacionalización e contacto con inversores. Ademais, os tres mellores proxectos recibirán 30.000, 20.000 e 10.000 euros para acelerar o seu desenvolvemento. Grazas á colaboración coa Fundación EY, Explorer conta tamén co premio Woman Explorer Award, que ofrece 20.000 euros para financiar o mellor proxecto liderado por unha emprendedora e o premio de innovación Disruptive Technology Explorer Award –impulsado por INDRA-, que brindará 3.000 euros e asesoramento por parte de expertos de Indraventures ao proxecto de negocio más innovador.

Os Explorer Space da Universidade de Santiago de Compostela están localizados en Santiago de Compostela e Lugo e contan co apoio da Xunta de Galicia, en concreto da Secretaría Xeral de Emprego. O USC Santiago de Compostela Space atópase no Edificio Emprendia, proporcionado aos participantes un espazo coworking e ferramentas para a incubación e a formación, tanto presencial como virtual, asemade para o traballo colaborativo. Pola súa banda, o USC Lugo Space está na Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE) que xa conta cun espazo coworking a disposición dos emprendedores.

Ademais, os proxectos premiados neste centro contarán coa dispoñibilidade dun espazo de incubación para o seu proxecto na Fundación CEL, que colaboran activamente na difusión e desenvolvemento do programa entre o seu tecido empresarial. As actividades destes Explorer Space intégranse no programa de emprendemento da USC que se xestiona dende a Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE).

Todos as persoas interesadas en desenvolver a súa idea de negocio e optar aos premios, deberán presentar a súa candidatura a través dun formulario dispoñible en www.santanderx.com. Para máis información poden contactar nos teléfonos: 881 815 594 (Santiago) e 982 822 854 (Lugo).

Comentarios
Lo más