miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Incendio nun piso en Caldas de Reis

Incendio nun piso en Caldas de Reis
Foto de arquivo
Incendio nun piso en Caldas de Reis

Seis persoas necesitaron asistencia médica tras inhalar fume

Un total de seis persoas tiveron que ser atendidas a noite pasada debido a un incendio declarado nun piso en Caldas de Reis. Dos seis afectados, cinco tiveron que ser evacuados ao Hospital de Montecelo despois de recibir os primeiros coidados no Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.

Foi un veciño quen ás 21:30 horas de onte alertou co 112 Galicia por un incendio nun piso situado na Avenida de Pontevedra. Decontado, acudiron os bombeiros do Salnés e os membros do GES de Valga co fin de atallar as chamas que, posiblemente, iniciáronse na campá extractora despois de que un dos ocupantes da vivenda estivera cociñando e deixara esquecida algunha tarteira ao lume.

Ao lugar do incendio, tamén acudiron os axentes da Policía Local que comezaron a desaloxar o edificio para garantir a seguridade das persoas mentres duraron as tarefas de extinción. Con todo, seis persoas necesitaron asistencia médica, das cales cinco tiveron que ser derivadas ao Hospital de Montecelo.

No que se refire aos danos ocasionados polo incendio, queimouse a campá extractora e viuse afectada unha parede da cociña. 

Comentarios
Lo más