Cinco persoas feridas nunha colisión múltiple en Moaña
19:34 15/12/18
19:34 15/12/18
O sinistro produciuse preto das 14:00 horas na PO-551 no lugar do Calvar
Cinco foron as persoas que tiveron que ser evacuadas debido ás lesións provocadas por un choque entre catro vehículos rexistrado en Moaña.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse ao redor das 14:00 horas na PO-551 no lugar do Calvar. Ao lugar acudiu unha dotación do 061-Urxencias Sanitarias para atender a cinco persoas feridas, mentres que outras catro, que tamén viaxaban nos vehículos implicados, resultaron ilesas.