miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O comercio do Ensanche reparte este Nadal mási de 650 agasallos a través dos boletos con premio directo

O comercio do Ensanche reparte este Nadal mási de 650 agasallos a través dos boletos con premio directo
O comercio do Ensanche reparte este Nadal mási de 650 agasallos a través dos boletos con premio directo

Tamén Papá Noel, o Carteiro Real e o Paxe dos Reis Magos visitarán a zona moderna compostelá

Case un cento de comercios do Ensanche compostelán reparten este Nadal agasallos a través da campaña de boletos con premio directo impulsada por Santiago Centro, Área Comercial. Desde o 13 de decmbro e ata o próximo 5 de xaneiro, os establecementos adheridos distribúen máis de 650 premios, achegados polos propios negocios e polas galerías de arte que participan na mostra de arte contemporánea en escaparates Pasearte, nun esforzo para promover a fidelización dos clientes en datas especialmente importantes para o sector.

Os agasallos que se poden atopar nos boletos van desde descontos directos de ata o 50% a produtos de primeira calidade como gafas das máis coñecidas marcas; mochilas; zapatos; pequenos electrodomésticos; prendas de moda; cursos personalizados de inglés; complementos; artigos deportivos; reloxos; almorzos para 2 persoas en establecementos asociados; bonos de vacinación para mascotas; lotes de viño; ou produtos de alimentación gourmet.

Ademais, as cinco galerías de arte que participan en Pasearte (Metro, Trinta, Luisa Pita, Nordés e Federica no era Tonta) cederon para a campaña trinta obras dos artistas que representan. Entre os premios atópanse litografías, fotografías, postais ou pequenas pezas de cerámica valoradas nunha media de 150€ cada unha.

A campaña permanecerá vixente ata o día 5 de xaneiro e o seu funcionamento é moi sinxelo: por cada compra os establecementos entregan aos clientes un boleto que, ao abrirse, indica o premio correspondente, sen sorteos e de forma inmediata. Posteriormente, o premiado debe dirixirse ao establecemento indicado para recoller o regalo correspondente.

Santiago Centro conta nesta iniciativa co apoio do Concello de Santiago, da Deputación Provincial da Coruña e da Xunta de Galicia. Trátase de apoiar ás empresas no desenvolvemento da súa actividade nunha época clave do ano como é o Nadal, reforzando a zona moderna de Compostela como áreaprincipal de compras da cidade.

O Centro Comercial Aberto do Ensanche organiza tamén talleres familiares, algúns deles dentro da programación de Pasearte. Os días 21, 27 e 29 de xaneiro haberá obradoiros de construción con Lego, que se levarán acabo ás 18:00 horas no Centro Cívico do Ensanche. As prazas son limitadas, polo que se prega inscribirse no teléfono 981 543 001. En canto aos talleres de Pasearte, son os seguintes: 

22 DEC. Din Matamoro. Galería Trinta. Atopar o que un día contemplamos!!! A arte do cotián: atopa as imaxes ou formas que xorden ao manipularmos algúns alimentos ao cociñar. 

26 DEC. El Negrito Cimarrón (David Planas). Galería Luisa Pita. Procesos creativos na execución dunha obra de arte. Como concibir e elaborar unha obra de arte: proxecto, deseño, formato, materiais e tempo de execución.

28 DEC. Haya Blanco. Galería Metro. Pintando sobre téxtil. Experimentaremos como plasmar os nosos deseños sobre unha prenda. Os asistentes levarán unha prenda branca de algodón para pintar nela.

2 XAN. Rosendo Cid. Galería Nordés. Que é realmente un collage? Unha técnica clásica moito máis ampla, complexa e común do que parece, descuberta de xeito práctico.

4 XAN. Santi Jiménez. Galería Federica no era tonta. De pequeno a grande. Hai idade para a arte? Non neste obradoiro, no que os máis pequenos serán os que aprendan a debuxar aos adultos.

Durante últimas semanas do 2018 e a primeira do 2019, as rúas do Ensanche acollerán tamén a dous personaxes clásicos do Nadal. Nas tardes dos días 21, 22 e 23, Papá Noel recollerá nas rúas e nos comercios da zona moderna as peticións dos nenos e nenas que o desexen. O mesmo fará o Carteiro Real os días 2 e 3 de xaneiro, mentres que o Paxe Real visitará a área o día 4, facendo parada en diversos establecementos.

Comentarios
Lo más