miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un home despois de ser atropelado na AP-9 cando pedía axuda para o seu vehículo

Falece un home despois de ser atropelado na AP-9 cando pedía axuda para o seu vehículo
Falece un home despois de ser atropelado na AP-9 cando pedía axuda para o seu vehículo

O accidente ocorreu sobre a 01:00 horas desta madrugada, á altura da saída da cidade de Pontevedra, dirección Santiago

Unha persoa faleceu despois de ser atropelada por un turismo na AP-9, Pontevedra.

O accidente ocorreu sobre a 01:00 horas desta madrugada, á altura da saída da cidade de Pontevedra, dirección Santiago. Foi a esa hora, cando un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.

Ata o lugar desprazáronse, tras ser alertados polo 112, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os axentes da Tráfico que, segundo o seu relato, a vítima, tras avariárselle o seu turismo trataba de pedir axuda.

Ademais, persoal sanitario confirmou que outra persoa, ocupante do outro vehículo, tamén resultou ferida e foi trasladada en ambulancia ata o Hospital Domínguez de Pontevedra.

Os axentes da Policía Local, Bombeiros de Pontevedra, efectivos de Protección Civil e o persoal de Autoestradas tamén foron informados do accidente polo 112 Galicia. 

Comentarios
Lo más