Compostela baixo a chuvia
08:00 14/12/18
08:00 14/12/18
En Compostela a temperatura mínima será de 6ºC e a máxima chegará aos 12ºC
O venres Galicia queda na influencia dos ventos do suroeste que traerán moita humidade.
Así, os ceos permanecerán cubertos durante toda a xornada, con chuvias febles máis probables na metade oeste.
As temperaturas quedarán sen cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima será de 6ºC e a máxima chegará aos 12ºC.
O vento soprará do suroeste con intervalos fortes ao final do día no litoral da provincia da Coruña.