miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso por Galicia califica de deficiente o arranxo da Avenida do Cruceiro da Coruña

Compromiso por Galicia califica de deficiente o arranxo da Avenida do Cruceiro da Coruña
Compromiso por Galicia califica de deficiente o arranxo da Avenida do Cruceiro da Coruña

A formación galeguista sinala que a empresa adxudicataria non está actuando correctamente

O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, afirma que o arranxo que se está a executar na Avenida do Cruceiro da Coruña é deficiente. A formación galeguista sinala que a empresa adxudicataria non está actuando correctamente. 

Dende Compromiso por Galicia denuncian que “amañáronse beirarrúas por tramos, deixando parte delas sen atender, e en moitos casos sen nin sequera ocupar todo o espazo entre a calzada e a entrada dos comercios e edificios”. Cómpre lembrar que esta Agrupación xa ten denunciado o abandono por parte do Concello desta zona da cidade, sen que haxa ningún plan serio de mellora da rede de abastecemento e das beirarrúas, que nalgunhas zonas do barrio nin existen, ou tramos de calzada que pasan os anos e seguen sen recibir a capa de asfalto que necesitan. 

“É inadmisible que se estendan os cascallos da obra na parte inferior do parque de Avilés de Taramancos, tapándoos con terra, como se nada pasase”. Compromiso insta ao goberno municipal a que interveña na actuación e que reclame á empresa adxudicataria a que “faga as cousas ao xeito”.

Comentarios
Lo más