Woman Emprende co organiza o I Encontro de emprendedoras do programa Emega
Celebrarase hoxe na Escola Galega de Administración Pública
A USC co organiza coa Secretaria Xeral de Igualdade o primeiro encontro das emprendedoras do programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino en Galicia. A través do programa Woman Emprende, a xornada celebrarase hoxe na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Aberto ao público xeral, o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e a subdirectora xeral de Promoción da Igualdade, Aurora Patiño Doval, inaugurarán o encontro ás 16:00 horas, dando paso á mesa redonda As emprendedoras pasan á acción. Nela intervirán presentarán as súas experiencias Iria Otero Mazoy, de Bodega de Autora; Laura Reyes Quintela, do Trisquel Compostela IS; e Raquel Alonso Oreiro, de Captain Scott’s Notebook SL, como mostras do emprendemento no rural, o de base tecnolóxica e nos sectores tradicionais, respectivamente, moderadas por Eva López Barrio, do programa Woman Emprende.
A partir das 17:15 horas está prevista unha pausa no transcurso da cal se realizará unha visita á exposición das emprendedoras beneficiarias das axudas de EMEGA e logo da que se presentarán as mensaxes elaboradas no taller formativo polas mesmas emprendedoras, sesión que dirixirá Sabela López Figueiras, tamén de Woman Emprende. Na clausura, prevista para as 19:20 horas, está previsto que interveñan a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.
Con anterioridade á celebración deste xornada, está previsto unha taller formativo, dirixido especificamente a beneficiarias do programa EMEGA co finalidade de elaborar un breve discurso de presentación que lle permita informar sobre o seu proxecto, as súas empresas e os seus produtos e servizos.