Alumni USC celebra hoxe unha asemblea xeral extraordinaria
08:30 14/12/18
08:30 14/12/18
Será no Paraninfo da Universidade ás 19:00 horas
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC celebra hoxe unha asemblea xeral extraordinaria no Paraninfo da Universidade que comezará ás 19:00 horas co informe da presidenta, Benita Silva.
A continuación, o catedrático de Pedagoxía e Didáctica da USC, Antón Costa Rico, ofrecerá a conferencia A luz de Frei Martin Sarmiento: co corazón en Galicia, a terra amada, á que pode asistir calquera persoa interesada.
Como broche de ouro da xornada, ás 20:00 horas Alumni USC fará entrega da distinción de socio de honra ao ex reitor Juan Viaño Rey.