miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A cuarta xornada ‘Mulleres na ciencia’ debate sobre as vocacións STEM femininas

A cuarta xornada ‘Mulleres na ciencia’ debate sobre as vocacións STEM femininas
Fuente: Google Maps
A cuarta xornada ‘Mulleres na ciencia’ debate sobre as vocacións STEM femininas

Terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría ás 16:00 horas

A cuarta edición das xornadas Mulleres na ciencia celébrase hoxe ás 16:00 horas no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Esta é unha iniciativa que organiza a Oficina de Igualdade de Xénero da USC coa Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas en Galicia (AMIT-Gal).

O evento central das xornadas consistirá nunha mesa redonda co lema Como promovemos as vocacións STEM femininas?. Moderada pola profesora da USC Encina Calvo, intervirán Luz Castro Pena, de Imaxin Software; Soledad Torres Guijarro, da Universidade de Vigo; Joana Magalhaes, do Instituto de Investigación Biomédica; e Susana Ladra González, da Universidade da Coruña.

Comentarios
Lo más